Xantar de confraternidade para pechar as actividades deste ano do programa de prevención da dependencia de Boqueixón
O programa de prevención da dependencia do Concello de Boqueixón pechou as súas actividades cun xantar de confraternidade. A decena de usuarios e usuarias estiveron acompañados polo alcalde boqueixonés, Manuel Fernández Munín; a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mª Seijo, e pola presidenta da Asociación Galega de axuda aos enfermos con demencias tipo …